• Cif: A - 15.106.915
  • Dirección: Polígono de Piadela s/n, 15300 Betanzos - A Coruña

RSC

Actividades Solidarias

No 2018, GADISA e UNICEF celebraron 25 anos de colaboración permanente a favor da infancia máis vulnerable. Desde os anos 90, GADISA colaborou con UNICEF no envío de axuda a nenos que teñen un difícil acceso a cubrir as súas necesidades básicas. Os envíos solidarios son materializados, desde 2012, mediante o chamado Agasallo Azul de UNICEF.

Maio Solidario

Desenvolvemos novamente a campaña “Maio Solidario”, coa finalidade de recoller alimentos e produtos básicos para os Bancos de Alimentos de Galicia e Castela e León.

Na 7.ª edición de Maio Solidario conseguimos recoller 154.000 kg de alimentos e produtos básicos destinados a 11 bancos de alimentos de Galicia e Castela e León, grazas á importante colaboración dos nosos clientes, que achegaron 129.000 kg de produtos (GADISA Retail contribúe directamente coa achega adicional do 20% sobre o total recollido nos puntos de venda). Con esta iniciativa, GADISA Retail doou ao longo destes anos cerca dun millón de quilos de alimentos e produtos básicos, destinados a esas entidades sociais que se encargan de distribuílos entre as persoas con mínimos recursos.

A gran recollida

Por sétimo ano consecutivo participamos da "gran recollida de alimentos" organizada pola Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL), cuxo obxectivo é reunir produtos de hixiene e de alimentación non perecedoiros, en beneficio de colectivos desfavorecidos. Cerca de 200 dos nosos establecementos en Galicia e Castela e León formaron parte desta xenerosa iniciativa

A Coruña en negro

GADISA Retail apoia un ano máis a campaña "A Coruña en negro", que, xunto co Concello da Coruña, pretende concienciar a sociedade coruñesa da importancia de loitar contra as violencias machistas. “En negro contra as violencias machistas” foi impulsado polo Concello de Santiago de Compostela en 2015 e, desde entón, preto de 30 municipios sumáronse a esta acción de sensibilización.

Partido solidario Obradoiro CAB

Cunha nova edición do partido solidario, GADISA Retail e o Monbus Obradoiro unimos de novo as nosas forzas para doar, grazas aos clientes, máis de media tonelada de alimentos ao Albergue Xoán XXIII de Santiago de Compostela.

Carreira Solidaria Esclerose múltiple Vigo

Colaboramos coa Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple na organización da “VII Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple” celebrada o pasado mes de outubro na cidade olívica, reunindo miles de persoas en solidariedade cos afectados por esta enfermidade. Apoiamos numerosas carreiras e andainas con fins solidarios como as convocadas pola AECC en diferentes municipios de Galicia (Noia, Ferrol, A Coruña) e Castela e León (Ponferrada, Ávila), en beneficio de enfermos de esclerose múltiple en Vigo ou a promovida pola organización O Mencer en Lalín, dedicada a apoiar a familias con escasos recursos.

Bocata solidario no Colexio Lestonnacc

No Colexio Lestonnac de Valladolid desenvolveuse unha nova edición do “Bocata solidario”, coa colaboración de GADISA Retail como novidade, doando ao centro numerosos produtos para a realización desta iniciativa solidaria.

Mercado solidario en beneficio de Oncomet

Axudamos na realización dun mercado solidario en beneficio de Oncomet, grupo de Oncoloxía Médica Translacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), que investiga novas ferramentas para detectar o cancro de forma temperá.

Recollida protectoras de animais

Decidimos colaborar con numerosas asociacións protectoras de animais tanto en Galicia como en Castela e León mediante a recollida de produtos de hixiene e alimentación para animais. Con esta acción solidaria GADISA Retail busca ademais, concienciar a sociedade da importancia do coidado das nosas mascotas.

Barbería Solidaria

Apoiamos novamente esta iniciativa que reúne na Coruña ducias de perruqueiros de toda España para recadar fondos para a Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple a cambio de cortes de pelo, peiteados ou afeitados.