• Cif: A - 15.106.915
  • Dirección: Polígono de Piadela s/n, 15300 Betanzos - A Coruña

RSC

Apoio á Sociedade

Da man de administracións, socios do terceiro sector, entidades deportivas e culturais e todo tipo de organizacións especialistas nos seus ámbitos de actuación, traballamos para impulsar unha sociedade máis próspera, solidaria e diversa.

O noso compromiso co benestar e o desenvolvemento sociocultural e económico das comunidades que nos acollen forma parte da identidade corporativa de GADISA Retail desde a súa fundación. Asumimos como propias as principais preocupacións da sociedade, e por iso apoiamos numerosas iniciativas externas que abordan as principais necesidades da nosa contorna.

En 2019 reforzamos este compromiso investindo 2,53 millóns de euros en 2.331 actividades, enmarcadas en diversas áreas de actuación: fomento do deporte e hábitos de vida saudable, desenvolvemento económico local, acción solidaria, educación e cultura e patrocinios institucionais.

Día das Letras Galegas

No ano 2019 o homenaxeado polo Día das Letras Galegas foi Antón Fraguas, polo que lles fixemos entrega aos nosos clientes de 30.000 marcapáxinas que inclúen unha peza da obra do escritor. Premios María Casares Colaboramos un ano máis coa Asociación de Actores e Actrices de Galicia na celebración da XXIII gala de entrega dos “Premios María Casares”, como mostra do noso compromiso coas artes escénicas de Galicia. XXIII Premios María Casares.Alén diso, realizamos unha edición especial das nosas bolsas da compra, este ano coa novidade de ser de papel, contribuíndo así a xerar menos impacto no medio ambiente. Ademais, como mostra do noso compromiso coa literatura e a tradición da comunidade na que nos establecemos e crecemos, durante os últimos 15 anos publicamos máis de 300.000 libros en galego, sempre repartidos gratuitamente nesta efeméride.

Exposición "Terracota Warriors"

Co obxectivo de achegar os nosos clientes a eventos culturais atractivos e singulares, colaboramos coa incrible exposición realizada en Salamanca, que mostraba reproducións exactas dos guerreiros de terracota do primeiro emperador da China. Os clientes dos nosos supermercados Gadis da provincia recibían entradas para acceder a esta impresionante mostra.

Semana Internacional de Cine de Betanzos

Baixo o lema “un cine comprometido” tivo lugar en Betanzos a XIX Semana Internacional de Cine de Betanzos xunto coa artista convidada Isabel Coixet, na que GADISA Retail quixo participar un ano máis, mostrando o seu firme compromiso coa sétima arte.

Tamén estivemos presentes no Festival de Cine de Astorga, a Semana do Cine de Lugo e a célebre Seminci de Valladolid.

Premios María Casares

Colaboramos un ano máis coa Asociación de Actores e Actrices de Galicia na celebración da XXIII gala de entrega dos “Premios María Casares”, como mostra do noso compromiso coas artes escénicas de Galicia.

Son do Camiño

Como punto de partida do Xacobeo 2021, Gadis decidiu apoiar a celebración dunha nova edición do festival O Son do Camiño, onde conflúen numerosos artistas de primeiro nivel na contorna do Monte do Gozo santiagués.

Tamén mantemos a nosa contribución a numerosos festivais da nosa xeografía como o Festival da Luz de Boimorto, o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, o Esmorga Fest de Sarria, o Portamérica de Caldas de Reis ou o Sin Sal Festival de Vigo.

Concerto Carlos Núñez

Quixemos formar parte da celebración do VIII centenario de Betanzos co emocionante concerto de Carlos Núñez no interior da igrexa de San Francisco.

Ademais desta importante cita musical, en 2019 apoiamos diversas iniciativas dirixidas aos amantes da música, como o concerto ofrecido por Alfred García en Valladolid ou os concertos organizados por Amigos da Ópera da Coruña e de Vigo.

Curtocircuito

Apoiamos a produción cinematográfica da man do Festival de Curtametraxes de Santiago de Compostela "Curtocircuíto", reafirmando o noso apoio ao audiovisual.

Neste ámbito, tamén colaboramos coa Exposición Cines da Comarca de Ferrol, o "Freakmacine" da Coruña e o Festival de Cine Inclusivo de Vigo.

Entroido La Victoria Valladolid

Apostamos polo ocio para toda a familia coa celebración de eventos como o Entroido do Barrio de La Victoria en Valladolid.

Apoiamos as celebracións de entroido en numerosas localidades de Galicia e de Castela e León, como os populares festexos de Verín e Xinzo de Limia ou os desfiles de carrozas en Ourense, entre outros.

Tráiler hábitos de vida saudables

GADISA Retail e a Fundación para el Estudio de la Obesidad (SEEDO) puxemos de novo en marcha o noso tráiler de hábitos de vida saudables, visitando máis de 30 localidades de Galicia e Castela e León, chegando a máis de 30.000 persoas e difundindo estilos de vida saudable, así como modos sustentables de consumo. Esta iniciativa viuse recompensada co premio na categoría de mellor uso da mensaxe en Responsabilidade Social Corporativa nos galardóns outorgados durante o SaludFestival.

Esta iniciativa viuse recompensada co premio na categoría de mellor uso da mensaxe en Responsabilidade Social Corporativa nos galardóns outorgados durante o SaludFestival.

Inclusión e igualdade a través do deporte

Renovamos, xunto coa Fundación EMALCSA, o acordo que establece as bases para a colaboración, ata o 31 de agosto de 2020, con esta entidade para a promoción de iniciativas deportivas que teñan como obxectivo a inclusión e a igualdade de colectivos marxinados socialmente. GADISA Retail colaborou en 2019 coa quinta convocatoria deste programa de axudas, da que foron beneficiarias ata 29.655 persoas, e no cal participaron 27 entidades que practican 20 disciplinas deportivas.

Atletismo

En GADISA Retail comprometémonos con estilos de vida activos onde o deporte ocupe un lugar central, polo que decidimos apoiar diferentes iniciativas nas que o atletismo fose o protagonista, como a carreira “Legua a legua 2019” organizada pola Deputación de Palencia ou a XLIII Carreira popular do San Martiño en Ourense. Ademais participamos co noso equipo na Carreira das Empresas de Betanzos, na que un dos nosos equipos foi gañador.

Deportes acuáticos

Apoiamos a práctica de disciplinas como a natación, piragüismo, vela, surf ou wáter-polo, onde deporte e auga se entrelazan. Colaboramos con múltiples iniciativas como a Baixada do Río Umia, a Regata XII Memorial Alejandra Fernández en Portosín, a Travesía a nado Enseada de San Amaro (celebrada na Coruña), o Campionato Galego Base de Natación en Ferrol, o Campionato de Surf de Caión ou o recoñecido evento de surf Pantín Classic, no que anualmente se dan cita deportistas de nivel internacional.

Deporte para todos

GADISA Retail colabora coa celebración da final da Euroliga 3 de baloncesto en cadeira de rodas celebrada en Vigo. Unha mostra máis da nosa aposta polo deporte como ferramenta para a inclusión de todos e todas.

Prácticas e rutina saudable

O pasado ano, as actividades levadas a cabo por GADISA Retail co obxectivo de difundir entre a xuventude uns hábitos de vida saudables foron múltiples e variadas. Mostra diso son a celebración do Día da Educación Física na Rúa en Ponferrada ou a iniciativa levada a cabo durante o Día da Obesidade na Coruña, agrupando centenares de alumnos fronte a esta enfermidade.

Street Games Coruña

GADISA Retail decidiu colaborar na realización do evento “Street Games 2019” celebrado na cidade da Coruña, onde os deportes urbanos foron os protagonistas, reunindo máis de 200 profesionais provenientes de 15 países, ocupando un espazo de máis de 40.000 metros cadrados no centro da cidade.

Deporte Base

Cremos que é necesario fomentar o deporte desde as idades máis temperás, polo que decidimos participar en diferentes iniciativas deportivas destinadas aos máis pequenos, como é o caso do torneo de fútbol base “Ames Cup”, o Campus Basket “EntreNos” San Cibrao de Lugo ou a proba de ciclismo de montaña para nenos organizada polo Club Ciclista Esmelle.

Foro Jóvenes Reserva de la Biosfera

Como mostra do noso compromiso co medioambiente e o futuro da nosa sociedade, decidimos colaborar na realización do I Foro de Mozos da Rede Española de Reservas de Biosfera celebrado en Oleiros (A Coruña)

Cluster “Ideas para producir

Este evento organizado polo Cluster do Audiovisual Galego concentra numerosos profesionales do audiovisual de toda España, que serve a moitos creadores para atopar o financiamento necesario para a realización dos seus proxectos.

Coruña Mobile Week

Un ano máis GADISA Retail apoia a celebración deste evento que concentra importantes profesionais deste sector na cidade herculina. Un espazo que reúne científicos, filósofos, enxeñeiros e outros expertos co obxectivo de achegar a tecnoloxía dixital á cidadanía.

Festas

Gadis quixo participar na celebración de numerosas estas en toda Galicia e Castela e León, como as Festas de Santa Cruz en Oleiros ou a chocolatada celebrada no colexio de La Victoria de Valladolid.

Apoio ás tradicións locais

Participamos na promoción e posta en marcha de eventos que poñan en valor a tradición e os produtos locais, como a mostra do cabalo galego en Silleda ou o Concurso de tortillas do Castrillón.

Vigo Sea Fest

GADISA Retail apoia a celebración deste evento, promovido pola Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI), que ten como obxectivo promocionar a cociña con produtos do mar, a cultura gastronómica, a industria pesqueira, a música, os deportes náuticos e de praia; mediante obradoiros e experiencias como os bautizos de mar. Trátase dun importante acontecemento no calendario estival de Vigo e supón un grande impulso ao tecido comercial da zona.

Feira da tapa de Benavente

Apoiamos numerosas actividades deste tipo, promovidas polos profesionais da hostalaría para dinamizar o comercio local, como as “Santas Tapas” da Estrada ou a ruta de pinchos de Mugardos.

Gastronosa

Coa celebración deste evento gastronómico quixemos colaborar na celebración do 43.º aniversario de Amigos da Cociña Galega, nunha xornada na que confluíron numerosos hostaleiros e produtores galegos coa finalidade de impulsar a gastronomía desta comunidade.

Xacobeo 2021

En 2019 asinamos un importante convenio de patrocinio coa Xunta de Galicia, no que nos comprometemos a colaborar e impulsar o Xacobeo mediante a achega de preto dun millón de euros destinados ás actividades conmemorativas que se realizarán con motivo do Ano Santo 2021. Esta é a cuarta ocasión na que formamos parte da celebración, tan vencellada ás nosas raíces e ao patrimonio cultural.

Equipo Paralímpico Español

Por 15.º ano consecutivo GADISA Retail continúa apoiando o Comité Paralímpico Español mediante a colaboración do Plan de Apoio ao Deporte Obxectivo Paralímpico (ADOP) como mostra do noso forte compromiso co deporte e a igualdade de oportunidades, razón pola que mantivemos este vínculo de colaboración durante tantos anos. Deste xeito, contribuímos á consolidación e continuidade do deporte paralímpico español.

Alixeira a túa vida

Mantemos a nosa colaboración coa Fundación para el Estudio de la Obesidad Seedo, para o fomento de hábitos de vida saudables no marco do programa ‘Alixeira a túa vida’. Por 5.ª edición consecutiva, a nosa exposición itinerante "Tráiler de consumo responsable e vida saudable" realizou unha ruta por numerosas localidades de Castela e León e de Galicia, trasladando aos seus visitantes consellos prácticos para levar unha dieta sa e equilibrada e incorporar o exercicio físico á súa rutina diaria; así como pautas para levar a cabo un consumo responsable e sostible e reducir o desperdicio alimentario nos fogares. Compartindo esta temática, e tamén no marco de "Alixeira a túa vida", levamos a cabo o proxecto Alimentes, consistente en visitas guiadas aos nosos puntos de venda, dirixidas a alumnos de Educación Infantil e Primaria de Galicia e de Castela e León.

Con estas iniciativas queremos transmitirlle ao conxunto da sociedade a importancia dunha alimentación equilibrada e un consumo responsable, colaborando así na diminución da elevada taxa de obesidade do noso país.

VIII Centenario Universidade de Salamanca

Mantemos un estreito e duradeiro vínculo de colaboración coa Universidade de Salamanca. Por iso, en 2019 renovamos o convenio subscrito coa institución, formalizando a nosa colaboración destacada no marco do VIII Centenario da Universidade. Con este acordo, participamos no financiamento de diversas actividades de carácter docente, investigador, social e cultural.