AVISO LEGAL

 

AVISO LEGAL

CONDICIÓNS DE USO

GALLEGA DE DISTRIBUIDORES DE ALIMENTACIÓN, S.A. ( GADISA) con domicilio no Polígono de Piadela, s/n, 15300 Betanzos - A Coruña (España), C.I. F.: A-15.106.925, e con e-mail: buzon@gadisa.es, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 522, libro 288, sección 3ª de Sociedades, folio 15, folla 3113, inscrición 1ª; abriu este site "www.gadisa.es" (Concepto e desenvolvemento Setting Interactive), para a información persoal dos seus usuarios.

A utilización por parte do usuario do sitio web queda suxeita ao cumprimento polas condicións xerais de acceso e utilización detalladas máis adiante e ao conxunto de leis aplicables.

O acceso ao sitio web é gratuito e para navegar polo mesmo non é necesario que revele a súa identidade nin facilite ningún dato persoal.

Desde o momento en que vostede decida acceder ao sitio web e que navegue por el e o utilice, vostede está a aceptar sen reserva as Condicións Xerais.

INFORMACIÓNS SOBRE SERVIZOS.

Este sitio web constitúe unha presentación xeral dos servizos que presta Grupo GADISA. A información e datos descritos no mesmo son de carácter meramente informativo, rogamos que para confirmar calquera dato se poña en contacto con GADISA.

PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL DESTA PÁXINA WEB.

O contido e elementos que integran o sitio web, son propiedade ou se atopan baixo o control de Grupo GADISA, estando protexidos, sen limitacións polas leis de propiedade intelectual e industrial do Reino de España e polos Tratados e Convenios internacionais que resultasen de aplicación. A estes efectos, considerarase como contido: as fotografías, textos, eslóganes, deseños, imaxes, secuencias animadas sonoras ou non, así como todas as obras integradas.

Grupo GADISA é o titular de todos os dereitos de propiedade intelectual, industrial e análogos que puidesen recaer sobre o sitio web. Quedando reservados a favor do Grupo, todos os dereitos sobre calquera contido e elementos da súa propiedade que se incorporasen no sitio web.

Calquera transmisión, distribución, reprodución ou almacenamento, total ou parcial, precisa o previo e expreso consentimento por escrito dirixido a GADISA, excepto cando se indique o contrario.

Os nomes GADISA, GADIS, GADIS HIPER, CLAUDIO, MANDUKA, CASH IFA, CASA CLAUDIO e GADISLINE, así como os seus logotipos, son marcas rexistradas propiedade de Grupo GADISA. A reprodución, imitación, utilización ou inserción destas marcas sen a autorización de GADISA será constitutivo de delito tipificado no vixente Código penal.

LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE.

GADISA resérvase o dereito de modificar as informacións que figuran no presente sitio web, relativas ás características dos seus servizos, en todo momento.

As características dos servizos presentados no web site "www.gadisa.es" son as existentes no momento da súa posta online ou da actualización das diferentes páxinas da web.

Doutra banda, Grupo GADISA non pode asumir responsabilidade:

  • Pola imposibilidade temporal de acceso ao sitio web nun momento determinado, ou á información concreta de entre os incluídos ou naqueles sitios web aos que o usuario acceda mediante ligazóns de hipertexto situados no sitio web.
  • Pola exactitude ou actualidade dos contidos, informacións e ofertas de produtos e servizos fornecidos.
  • En ningún caso, Grupo GADISA poderá ser responsable de problemas directos ou indirectos, de prexuízos materiais, perda de datos ou de programa, prexuízos financeiros, resultado do acceso ou uso do seu sitio web.
  • No presenten sitio web existen informacións simplificadas, ou ben redactadas co ánimo de facer máis fácil a súa comprensión polo usuario medio, polo que Grupo GADISA non se fai responsable polas interpretacións erróneas á que poida dar orixe a información aquí presentada, salvo actuación neglixente por parte de Grupo GADISA no exercicio das súas funcións.

    Así mesmo, as informacións sobre os servizos corresponden á definición do momento da posta online das páxinas do sitio web non son proporcionadas máis que a título indicativo, e non serán consideradas como constituíntes dunha oferta contractual de servizos procedentes de Grupo GADISA. Grupo GADISA non responderá en ningún caso polos danos orixinados como consecuencia de feitos fortuítos ou imprevisibles, nin por aqueles que sexan consecuencia do comportamento neglixente do usuario.

    LINKS HIPERTEXTO.

    A actualización dun link hipertexto cara ao sitio web "www.gadisa.es" necesita unha autorización previa escrita por GADISA. Se desexa incluír no seu sitio web un link hipertexto cara ao de GADISA, debe contactar co Responsable do sitio web.

    Grupo GADISA non pode en ningún caso ser responsable da actualización dos sitios web que fan un link hipertexto e non ten ningunha responsabilidade sobre o contido, os produtos, os servizos, etc., dispoñibles nos mesmos ou a partir deles.

    POSTA AO DÍA DAS CONDICIÓNS XERAIS DESTA PÁXINA WEB.

    GADISA resérvase o dereito de modificar e actualizar en calquera momento o acceso ao sitio web así como as Condicións Xerais desta páxina web. Estas modificacións e actualizacións afectan o usuario no sentido de que debe acudir a esta sección para verificar as Condicións Xerais desta páxina WEB en vigor.

    PROTECCIÓN DE DATOS.

    O usuario pode consultar e navegar polo sitio web sen revelar a súa identidade nin proporcionar datos de carácter persoal.

    Aínda que no caso de que o usuario cumprimente de forma voluntaria os formularios do sitio web www.gadisa.es, para os efectos da lexislación en materia de protección de datos, e do Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, informamos os usuarios:

    Que a información proporcionada na sección “contacta connosco/caixa de correos” ten como finalidade a de atender a súa consulta, suxestión e/ou reclamación a fin de mellorar a atención ao cliente.

    Calquera cliente ou usuario, poderá poñerse en contacto coas empresas do Grupo GADISA (Gallega de Distribuidores de Alimentación S.A., Gadisa Retail S. L.U., Mercartabria S. L.U., Lucus Market S. L.U., Pontevicus S. L.U., Atlántica Saga Ourense S. L.U., Ecomás Supermercados S. L., Hipermercados e Economatos S.A.U., Bergantiños Área Comercial S. L., Bens Inmobles Corporativos Atlánticos 2008 S. L.U., Ezequiel Arribas S.A.U.) para que a súa consulta sexa atendida. Por iso, e a efectos dos datos solicitados nesta sección, informámoslle que será considerado Responsable de tratamento, aquela das sociedades do grupo ás cales se dirixe a mensaxe. Devanditos datos poderán ser comunicados ás sociedades pertencentes ao Grupo, para cumprir coa finalidade descrita.

    Os datos serán destruídos tan pronto como se cumpra a finalidade descrita. As categorías de datos que piden son os relativos a datos identificativos, o nome e datos de contacto, email e teléfono no seu caso.

    Os responsables do tratamento cumpren integramente coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, por iso, o tratamento dos seus datos corresponde exclusivamente ao fin citado anteriormente estando lexitimadas polo consentimento que expresamente se outorgou ao aceptar esta política de privacidade.

    Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou supresión, oposición, á limitación do seu tratamento ou á portabilidad de datos dirixíndose:

    • Por correo postal a Gallega de Distribuidores de Alimentación S.A. situada no Polígono Piadela, s/n de 15300 Betanzos.
    • Por correo electrónico á dirección lopd@gadisa.es.

    Indicando en REF: Protección de datos (formulario de contacto www.gadisa.es) e achegando fotocopia de DNI.

    Igualmente ten vostede dereito a presentar a súa reclamación ante a Axencia de Protección de Datos.

    No caso de que se cumprimente o formulario correspondente á "Solicitude de emprego", vostede autoriza a GADISA a gardar e tratar os seus datos para procesos de selección de persoal que se realicen. As categorías de datos tratados, nos ficheiros pertencentes a GADISA son: datos de identificación, nome e apelidos, xénero, data de nacemento, foto de carné, direccións postais ou electrónicas e datos académicos ou profesionais.

    Así mesmo, informámoslle que os seus datos poderán ser comunicados ao colectivo de empresas do grupo de GADISA (Gallega de Distribuidores de Alimentación S.A., Gadisa Retail S. L.U., Mercartabria S. L.U., Lucus Market S. L.U., Pontevicus S. L.U., Atlántica Saga Ourense S. L.U., Ecomás Supermercados S. L., Hipermercados e Economatos S.A.U., Bens Inmobles Corporativos Atlánticos 2008 S. L.U., Ezequiel Arribas S.A.U.) no caso de ser necesario para o cumprimento da finalidade descrita. Os seus datos serán conservados durante o prazo de dous anos unha vez finalizado o proceso de selección do persoal, despois do cal serán destruídos.

    Vostede pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou supresión, oposición, á limitación do seu tratamento ou á portabilidad de datos dirixíndose por:

    • Por correo postal a Galega de Distribuidores de Alimentación S.A. situada no Polígono Piadela, s/n de 15300 Betanzos.
    • Por correo electrónico á dirección lopd@gadisa.es.

    Indicando en REF: Protección de datos (CURRICULUM www.gadisa.es) e achegando fotocopia de DNI.

    Igualmente ten vostede dereito a presentar a súa reclamación ante a Axencia de Protección de Datos.

    Grupo GADISA cumpre integramente coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, por iso, o tratamento dos seus datos corresponde exclusivamente aos fins comentados anteriormente. Estando lexitimada polo consentimento que expresamente se outorgou ao aceptar esta política de privacidade.

    DEREITO APLICABLE.

    As presentes Condicións Xerais esta páxina web están sometidas ao dereito español. O idioma das Condicións Xerais desta páxina web é o español (calquer diverxencia entre a versión orixinal en español e a súa tradución a outro idioma será considerada como preponderante a versión español). En caso de litixio, os tribunais españois serán os únicos competentes.