• Cif: A-15.106.925
  • Dirección: Polígono de Piadela s/n, 15300 Betanzos - A Coruña

AVISO LEGAL

CONDICIÓNS DE USO

GALLEGA DE DISTRIBUIDORES DE ALIMENTACIÓN, S.A. (GADISA), con domicilio no Polígono de Piadela, s/n, 15300 Betanzos - A Coruña (España), CIF: A-15106925, e con e-mail: buzon@gadisa.es, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 522, libro 288, sección 3.ª de Sociedades, folio 15, folla 3113, inscrición 1.ª, abriu este site “www.gadisa.es” (Concepto e desenvolvemento Setting interactive), para a información persoal dos seus usuarios.

A utilización por parte do usuario do sitio web https://www.gadisa.es, e todos os subdominios incluídos neste (en diante, sitio web), queda suxeita ao cumprimento das condicións xerais de acceso e utilización detalladas máis adiante e ao conxunto de leis aplicables.les.

O acceso ao sitio web é gratuíto e para navegar por este non é necesario que revele a súa identidade nin facilite ningún dato persoal.

Desde o momento en que vostede decida acceder ao sitio web e que navegue por el e o utilice, vostede está a aceptar sen reserva as Condicións Xerais.

INFORMACIÓNS SOBRE SERVIZOS.

Este sitio web constitúe unha presentación xeral dos servizos que presta Grupo GADISA. A información e os datos descritos nel son de carácter meramente informativo; solicitamos que para confirmar calquera dato se poñan en contacto con GADISA.

PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL DESTA PÁXINA WEB.

O contido e os elementos que integran o sitio web son propiedade ou atópanse baixo o control de Grupo GADISA, estando protexidos sen limitacións polas leis de propiedade intelectual e industrial do Reino de España e polos tratados e convenios internacionais que resultasen de aplicación. Para estes efectos, considerarase como contido: as fotografías, textos, slogans, deseños, imaxes e secuencias animadas, sonoras ou non, así como todas as obras integradas.

Grupo GADISA é o titular de todos os dereitos de propiedade intelectual, industrial e análogos que puidesen recaer sobre o sitio web, quedando reservados a favor do Grupo todos os dereitos sobre calquera contido e elementos da súa propiedade que se incorporasen no sitio web.

Calquera transmisión, distribución, reprodución ou almacenamento, total ou parcial, precisa o consentimento previo e expreso por escrito dirixido a GADISA, agás cando se indique o contrario.

Os nomes GADISA, GADIS, GADIS HIPER, CLAUDIO, MANDUKA, CASHIFA, CASA CLAUDIO e GADISLINE, así como os seus logotipos, son marcas rexistradas propiedade de Grupo GADISA. A reprodución, imitación, utilización ou inserción destas marcas sen a autorización de GADISA será constitutiva de delito tipificado no vixente Código penal.

LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE

GADISA reserva para si o dereito de modificar as informacións que figuran neste sitio web, relativas ás características dos seus servizos, en todo momento.

As características dos servizos presentados no web site “www.gadisa.es” son as existentes no momento da súa posta en liña ou da actualización das diferentes páxinas da web.

Por outro lado, Grupo GADISA non pode asumir responsabilidade:

  • Pola imposibilidade temporal de acceso ao sitio web nun momento determinado, ou á información concreta de entre os incluídos ou naqueles sitios web a que o usuario acceda mediante enlaces de hipertexto situados no sitio web.
  • Pola exactitude ou actualidade dos contidos, informacións e ofertas de produtos e servizos subministrados.
  • En ningún caso, Grupo GADISA poderá ser responsable de problemas, directos ou indirectos, de prexuízos materiais, perda de datos ou de programa, prexuízos financeiros, resultado do acceso ou uso do seu sitio web.

Neste sitio web existen informacións simplificadas, ou ben redactadas co ánimo de facer máis doada a súa comprensión por parte do usuario medio, polo que Grupo GADISA non se fai responsable polas interpretacións erróneas a que poida dar orixe a información aquí presentada, salvo actuación neglixente por parte de Grupo GADISA no exercicio das súas funcións.

Así mesmo, as informacións sobre os servizos corresponden á definición do momento da posta en liña das páxinas do sitio web non son proporcionadas máis que a título indicativo, e non serán consideradas como constituíntes dunha oferta contractual de servizos procedentes de Grupo GADISA.

Grupo GADISA non responderá en ningún caso polos danos orixinados como consecuencia de feitos fortuítos ou imprevisibles, nin por aqueles que sexan consecuencia do comportamento neglixente do usuario.

LIGAZÓNS HIPERTEXTO

A actualización dunha ligazón hipertexto cara ao sitio web “www.gadisa.es” necesita unha autorización previa escrita por GADISA. Se desexa incluír no seu sitio web unha ligazón hipertexto cara ao de GADISA, debe contactar co responsable do sitio web.

Grupo GADISA non pode en ningún caso ser responsable da actualización dos sitios web que fan unha ligazón hipertexto e non ten ningunha responsabilidade sobre o contido, os produtos, os servizos, etc., dispoñibles nestes ou a partir deles.

POSTA AO DÍA DAS CONDICIÓNS XERAIS DESTA PÁXINA WEB

GADISA reserva para si o dereito de modificar e actualizar en calquera momento o acceso ao sitio web, así como as Condicións Xerais desta páxina web. Estas modificacións e actualizacións afectan o usuario no sentido de que debe acudir a esta sección para verificar as Condicións Xerais desta páxina web en vigor.

PROTECCIÓN DE DATOS

O usuario pode consultar e navegar polo sitio web sen revelar a súa identidade nin proporcionar datos de carácter persoal. Aínda que no caso de que o usuario cubra de forma voluntaria os formularios do sitio web www.gadisa.es, para os efectos da lexislación en materia de protección de datos, e do Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, informamos os usuarios dos seguintes aspectos en relación co tratamento dos seus datos persoais:

  • Cando vostede accede ao formulario "Contacta con Nós/Caixa de correo", tratamos os seus datos de identificación, como nome, apelidos, correo electrónico e teléfono, coa finalidade de atender a súa consulta, suxestión e/ou reclamación para mellorar a atención ao cliente. Calquera cliente ou usuario poderá poñerse en contacto coas empresas do Grupo GADISA (Gallega de Distribuidores de Alimentación S.A., Gadisa Retail S.L.U., Mercartabria S.L.U., Lucus Market S.L.U., Pontevicus S.L.U., Atlántica Saga Ourense S.L.U., Ecomás Supermercados S.L., Hipermercados y Economatos S.A.U., Bergantiños Área Comercial S.L., Bienes Inmuebles Corporativos Atlánticos 2008 S.L.U., Ezequiel Arribas S.A.U.) para que a súa consulta sexa atendida. Por iso, e para os efectos dos datos obtidos nesta sección, informámolo de que será considerada Responsable do tratamento aquela das sociedades do grupo á cal se dirixe a mensaxe. Os ditos datos poderán ser comunicados ás sociedades pertencentes ao Grupo para cumprir coa finalidade descrita. Estes datos destruiranse tan axiña como se cumpra a finalidade descrita.
  • No caso de que vostede acceda á sección "Emprego" e proceda ao seu rexistro como demandante de emprego, está autorizando a GADISA a gardar e tratar os seus datos para participar nos procesos de selección de persoal que se realicen na propia empresa ou en calquera das empresas do grupo. Neste caso, será necesario que vostede nos proporcione as seguintes categorías de datos:
  • Datos persoais: nome, apelido, e-mail, imaxe, idioma e documento identificativo (DNI, n.º pasaporte, n.º Seguridade Social) ou outros datos que poida subministrar no seu currículum vítae, como data de nacemento, xénero...
  • Datos de contacto: enderezo, teléfono móbil.
  • Experiencia profesional ou historial académico.
    Os datos de candidatos a emprego serán comunicados ás empresas do grupo para cumprir coa finalidade descrita e participar en procesos de selección que se leven a cabo nas ditas empresas. Trataremos os seus datos mentres o candidato non manifeste a súa intención de darse de baixa e manteña a súa candidatura actualizada. As contas que permanezan inactivas durante un período de dous anos daranse de baixa nos nosos sistemas.
  • No caso de que vostede cubra o formulario de "Solicitude de Colaboración" en campañas ou eventos que GADISA ou calquera das empresas do grupo organizan en colaboración con outras entidades, informámolo de que os datos que nos proporciona nese formulario, como: nome, apelidos, e-mail, teléfono, DNI, enderezo postal, organización á que representa, así como descrición da campaña, serán tratados coa finalidade de organizar e xestionar as ditas campañas ou eventos. Eses datos trataranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade descrita e para facer fronte a posibles responsabilidades derivadas do tratamento. Os datos proporcionados no citado formulario poderán ser comunicados ás empresas do grupo para a organización da campaña ou evento.

Vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou supresión, oposición, limitación do seu tratamento ou portabilidade de datos a través dos seguintes medios:

  • Por correo postal a: Gallega de Distribuidores de Alimentación S.A., situada no Polígono Piadela, s/n, 15300, Betanzos.
  • Por correo electrónico ao enderezo: lopd@gadisa.es.

Indicando en REF:

  • Para reclamacións de contactos:
    • Protección de datos (Contacta con Nós/Caixa de correo).
  • Para reclamacións de emprego:
    • Protección de datos (Emprego).
  • Para reclamacións de solicitude de colaboración:
    • Protección de datos (Solicitude de Colaboración).

e achegando, en todos os casos, fotocopia do DNI. Igualmente, ten vostede dereito a presentar a súa reclamación ante a Axencia de Protección de Datos.

GADISA cumpre integramente coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal; por iso, o tratamento dos seus datos corresponde exclusivamente aos fins descritos en cada un dos formularios, estando lexitimada para iso polo consentimento que expresamente vostede nos outorga e que pode retirar en calquera momento.

DEREITO APLICABLE

As Condicións Xerais desta páxina web están sometidas ao dereito español. O idioma das Condicións Xerais desta páxina web é o español. En caso de litixio, os tribunais españois serán os únicos competentes.