Centros loxísticos

Abastecemento diario

Centro loxístico

CENTROS LOXÍSTICOS

Para GADISA, a calidade dos produtos que distribuímos é primordial; por isto, o noso sistema loxístico está deseñado para garantir que os produtos frescos cheguen ao consumidor diariamente conservando a mesma calidade da orixe.

Dispomos toda a nosa capacidade loxística para servir calquera cliente alí onde estea: núcleos urbanos, zonas rurais, comedores, comercios, etc. Servimos produtos adaptados ás características dos puntos de venda atendendo á demanda de cada un. Empregamos o mesmo sistema de distribución tanto para a nosa cadea de supermercados propios como para as franquías, garantindo así que todos os establecementos lles ofrezan aos nosos clientes unha variedade da mesma calidade e frescura, sen que a súa localización supoña unha barreira. Este compromiso co abastecemento a onde outros non chegan é a maior fortaleza da nosa capacidade loxística.

Máis de 11.000 artigos que non requiren refrixeración son almacenados e redistribuídos polo persoal dos centros loxísticos de Betanzos e Medina del Campo, para abastecer diariamente todos os puntos de venda.

El sistema de gestión por radiofrecuencia permite un óptimo aprovechamiento de los recursos.