• Cif: A - 15.106.915
  • Dirección: Polígono de Piadela s/n, 15300 Betanzos - A Coruña

Centros Loxísticos

Máis de 30.000 produtos
ao dispor dos nosos clientes

Para GADISA a calidade dos produtos que distribuímos é primordial, por isto, o noso sistema loxístico está deseñado para garantir que os produtos frescos cheguen ao consumidor diariamente conservando a misma calidadE de orixe.

Dispoñemos toda a nosa capacidade loxística para servir a calquera cliente alí onde estea núcleos urbanos, zonas rurais, comedores, comercios, etc. Servimos produtos adaptados ás características dos puntos de venda atendendo á demanda de cada un. Empregamos o mesmo sistema de distribución tanto para a nosa cadea de supermercados propios como para as franquías, garantindo así que todos os establecementos ofrezan a

os nosos clientes unha variedade da mesma calidade e frescura, sen que a súa localización supoña unha barreira. Este compromiso co abastecemento onde outros non chegan é a maior fortaleza da nosa capacidade loxística.

Máis de 11.000 artigos que non requiren refrixeración son almacenados e redistribuídos polo persoal dos centros loxísticos de Betanzos e Medina del Campo, para abastecer diariamente a todos os puntos de venda.

O sistema de xestión por radiofrecuencia permite un óptimo aproveitamento dos recursos.