• Cif: A-15.106.925
  • Dirección: Polígono de Piadela s/n, 15300 Betanzos - A Coruña

Contacta connosco

A túa mensaxe foi enviado. Contestarémosche canto antes. Moitas grazas.

Pechar

Contacta connosco

Se desexa pórse en contacto con GADISA, cubra o seguinte formulario:

Lin e acepto a protección de datos



Direcciones e Mapa

Gallega de Distribuidores de Alimentación, S.A.

C.I.F.: A-15.106.925
Polígono de Piadela, s/n,
15300 Betanzos
A Coruña (España)

Datos de contacto

Tfno: 981 779 600
Fax: 981 779 608

Teléfono de servizo de atención ao cliente Gadis: 900 825 500

Email de servizo de atención ao cliente de Gadis: atencioncliente@gadisa.es



Protección de datos.

O usuario pode consultar e navegar polo sitio web sen revelar a súa identidade nin proporcionar datos de carácter persoal. Aínda que no caso de que o usuario cubra de forma voluntaria os formularios do sitio web www.gadisa.es, para os efectos da lexislación en materia de protección de datos, e do Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, informamos os usuarios dos seguintes aspectos en relación co tratamento dos seus datos persoais:

  • Cando vostede accede ao formulario 'Contacta con Nós/Caixa de correo', tratamos os seus datos de identificación, como nome, apelidos, correo electrónico e teléfono, coa finalidade de atender a súa consulta, suxestión e/ou reclamación para mellorar a atención ao cliente. Calquera cliente ou usuario poderá poñerse en contacto coas empresas do Grupo GADISA (Gallega de Distribuidores de Alimentación S.A., Gadisa Retail S.L.U., Mercartabria S.L.U., Lucus Market S.L.U., Pontevicus S.L.U., Atlántica Saga Ourense S.L.U., Ecomás Supermercados S.L., Hipermercados y Economatos S.A.U., Bergantiños Área Comercial S.L., Bienes Inmuebles Corporativos Atlánticos 2008 S.L.U., Ezequiel Arribas S.A.U.) para que a súa consulta sexa atendida. Por iso, e para os efectos dos datos obtidos nesta sección, informámolo de que será considerada Responsable do tratamento aquela das sociedades do grupo á cal se dirixe a mensaxe. Os ditos datos poderán ser comunicados ás sociedades pertencentes ao Grupo para cumprir coa finalidade descrita. Estes datos destruiranse tan axiña como se cumpra a finalidade descrita.
  • No caso de que vostede acceda á sección 'Emprego' e proceda ao seu rexistro como demandante de emprego, está autorizando a GADISA a gardar e tratar os seus datos para participar nos procesos de selección de persoal que se realicen na propia empresa ou en calquera das empresas do grupo. Neste caso, será necesario que vostede nos proporcione as seguintes categorías de datos:
  • Datos persoais: nome, apelido, e-mail, imaxe, idioma e documento identificativo (DNI, n.º pasaporte, n.º Seguridade Social) ou outros datos que poida subministrar no seu currículum vítae, como data de nacemento, xénero...
  • Datos de contacto: enderezo, teléfono móbil.
  • Experiencia profesional ou historial académico.
    Os datos de candidatos a emprego serán comunicados ás empresas do grupo para cumprir coa finalidade descrita e participar en procesos de selección que se leven a cabo nas ditas empresas. Trataremos os seus datos mentres o candidato non manifeste a súa intención de darse de baixa e manteña a súa candidatura actualizada. As contas que permanezan inactivas durante un período de dous anos daranse de baixa nos nosos sistemas.
  • No caso de que vostede cubra o formulario de 'Solicitude de Colaboración' en campañas ou eventos que GADISA ou calquera das empresas do grupo organizan en colaboración con outras entidades, informámolo de que os datos que nos proporciona nese formulario, como: nome, apelidos, e-mail, teléfono, DNI, enderezo postal, organización á que representa, así como descrición da campaña, serán tratados coa finalidade de organizar e xestionar as ditas campañas ou eventos. Eses datos trataranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade descrita e para facer fronte a posibles responsabilidades derivadas do tratamento. Os datos proporcionados no citado formulario poderán ser comunicados ás empresas do grupo para a organización da campaña ou evento.

Vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou supresión, oposición, limitación do seu tratamento ou portabilidade de datos a través dos seguintes medios:

  • Por correo postal a: Gallega de Distribuidores de Alimentación S.A., situada no Polígono Piadela, s/n, 15300, Betanzos.
  • Por correo electrónico ao enderezo: lopd@gadisa.es.

Indicando en REF:

  • Para reclamacións de contactos:
    • Protección de datos (Contacta con Nós/Caixa de correo).
  • Para reclamacións de emprego:
    • Protección de datos (Emprego).
  • Para reclamacións de solicitude de colaboración:
    • Protección de datos (Solicitude de Colaboración).

e achegando, en todos os casos, fotocopia do DNI. Igualmente, ten vostede dereito a presentar a súa reclamación ante a Axencia de Protección de Datos.

GADISA cumpre integramente coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal; por iso, o tratamento dos seus datos corresponde exclusivamente aos fins descritos en cada un dos formularios, estando lexitimada para iso polo consentimento que expresamente vostede nos outorga e que pode retirar en calquera momento.