DISTRIBUCIÓN E LOXÍSTICA

En GADISA controlamos todo o proceso: desde a orixe ata o punto de venda, garantindo a trazabilidade.

Desde a nosa sede central, distribuímos acotío os produtos aos máis de 400 puntos de venda de Galicia e Castela e León nunha frota de camións propios perfectamente acondicionados, que nos permite rapidez e inmediatez e manter a calidade.