Filosofía empresarial desde 1986
GADISA é unha sociedade anónima cuxa actividade principal é a distribución por xunto e en supermercados. Con capital 100% nacional, está composta por sete liñas de negocio. Ademais é líder de distribución no noroeste de España por facturación e chega ao consumidor a través dunha rede de 379 establecementos de venda de produtos frescos e envasados das mellores marcas.
GADISA fúndase en 1986 mediante a fusión de 4 empresas: Tojeiro Alimentación, Carlos Díaz, Almacéns Casán e Waldo Riva, cunha ampla traxectoria e experiencia no sector da distribución alimentaria.
Desde o principio, traballamos comprometidos coa filosofía de proximidade ao cliente, honestidade e vocación de servizo, para satisfacer mellor as necesidades dos clientes ofrecéndolles un servizo profesionalizado e a mellor relación calidade-prezo. Os resultados do noso esforzo e dedicación reflíctense na confianza dos máis de 1,000,000 clientes que nos sitúan, un ano máis, na cabeceira das empresas de distribución nacional.
Empregos directos en 2019
Millóns de € de facturación en 2019
Millóns de € en investimentos en 2019
Millóns de € en gastos públicos en 2019
Millón de Clientes
Primeira empresa do sector por facturación do Noroeste Peninsular
Quinta empresa na clasificación xeral de empresas galegas
Sétimo operador de alimentación de capital nacional en volume de vendas
Baseándose nos precedimientos realizados na nosa verificación e nas evidencias que obtivemos, non se puxo de manifesto aspecto algún que nos faga crer que o EINF correspondente ao exercicio 2019 do Grupo non foi preparado, en todos os seus aspetos significativos, conforme aos contidos recolleitos na normativa mercantil vixente en materia de información non financeira e tendo en consideración a modo orientativo os criterios dos estándares GRI cando así se reflicte, así como aqueloutros criterios descritos no EINF.