CASA CLAUDIO

Produtos selectos de alimentación

Liñas de negocio: Casa Claudio

CASA CLAUDIO

2 Puntos de venta

257 m2

Os establecementos Casa Claudio situados na rúa San Andrés e no Centro Comercial Cuatro Caminos (ambos os dous na Coruña, e o primeiro inaugurado en 1889) posiciónanse como tendas emblemáticas dedicadas á venda de produtos de alimentación de gran calidade.

Nelas podemos atopar os produtos gastronómicos e enolóxicos máis selectos, xunto cunha atención personalizada, mediante persoal formado especificamente neste mercado. Ademais, desenvolven actividades de proximidade, como catas e degustacións.

Están posicionadas na Coruña como unha referencia á hora de buscar os produtos máis exquisitos, os mellores viños, licores, conservas, sales, meles, embutidos de alta gama e especias, entre outros.

SAN ANDRÉS CUATRO CAMINOS