Todo para o profesional
Cash IFA é a liña de negocio de GADISA exclusiva para profesionais, operando como almacenista.
Ofrece produtos de alimentación e non alimentación como solución integral ás necesidades de abastecemento do canle HORECA e da alimentación tradicional.
Cash IFA ofrece aos seus clientes unha ampla variedade de produtos de alta calidade e primeiro prezo, 300 artigos en oferta permanente e atención ao cliente personalizada. Os nosos colaboradores ofrecen ao cliente un servizo profesional, asesorándolle sobre produtos e mostrándolle as novidades que poden satisfacer mellor as súas necesidades.
Contamos con centros Cash IFA na Coruña, Ferrol, Betanzos, Vigo, Vilagarcía, Santiago, Ourense, Monforte de Lemos, O Barco, Lugo, Ponferrada e Valladolid.