CLAUDIO

A franquía referente en proximidade e tradición

Liñas de negocio: : Claudio

CLAUDIO

181 establecementos franquiciados

52.750 m2

Claudio, a nosa liña de franquías, está presente nos núcleos semiurbanos e rurais, e converteuse nun referente pola súa cobertura e proximidade. Ofrece unha boa relación calidade-prezo e unha variedade adecuada para atender as necesidades dos clientes.

En 2017, a nosa liña de franquías celebrou o seu 30.º aniversario, e o mellor xeito de festexalo foi continuar coa súa expansión, como parte da estratexia de ampliación e modernización.

Durante o pasado exercicio realizamos 5 novas aperturas de Claudio en diferentes poboacións de Galicia e Castela e León: A Merca (Ourense), Moraña (Pontevedra), A Capela (A Coruña), Chantada (Lugo) e Carraceledo (León).

Liñas de negocio: Claudio Express

CLAUDIO EXPRESS

Para achegarnos un pouco máis aos nosos clientes, en 2014 incorporamos á rede de franquías o formato Claudio Express: puntos de venda localizados en gasolineiras e áreas de servizo con atención 24 horas, todos os días do ano, e unha variedade de artigos de alimentación, hixiene e limpeza que cobren a demanda básica dos nosos clientes sen incrementar os prezos.

Claudio Express tamén aumenta a súa presenza en 2017 con 15 inauguracións en localidades das provincias da Coruña (Cee, Abegondo, Oleiros-Ribeira, Bergondo, A Coruña, Neda, Arzúa, Rianxo e Santiago de Compostela), Pontevedra (Vigo e Moaña), Ourense (Ourense e Vilamarín), Lugo (Alfoz) e León (Congosto), onde abrimos o primeiro establecemento deste formato na comunidade.