Un servizo completo
Claudio é a nosa liña de franquías con máis de 30 anos de actividade en pequenas e medianas poboacións de Galicia e Castela e León. Establecementos de proximidade dotados con un amplo abanico de produtos das principais seccións e unha boa relación calidade-prezo.
Reflexa o compromiso co comercio local e caracterízase por un trato directo, familiar e profesional a unha clientela fiel á distribución tradicional.
Dentro desta liña creamos o modelo Claudio Express, caracterizado pola súa localización principalmente en estacións de servizo e gasolineiras e o seu amplo horario de apertura e abastecemento básico (adaptado ó de cada área de servizo) os 365 días do ano.
O ano 2020 finalizará con 15 novas aperturas en total, coas próximas aperturas dun Claudio Express en Sarria, nun complexo con gasolineira, cafetería e Claudio Express, un Claudio na poboación de Vilamartín de Valdeorras, un Claudio Express na poboación de Poio e un Claudio en Rianxo.