GADIS HIPER

Un servizo completo

Liñas de negocio: Gadis Hiper

GADIS HIPER

10 Hiper

77.646 m2

Establecementos de gran superficie que ofrecen a maior variedade da compañía. Situados en cidades e cabeceiras de bisbarra, permítennos ampliar a nosa oferta con seccións como moda, electrodomésticos, deporte, bazar, complementos, xardinaría, enxoval e bricolaxe, superando as 30.000 referencias.

Aínda que deseñados como grandes establecementos, manteñen a filosofía de trato próximo, personalizado e profesional que caracteriza todos os establecementos do grupo.

Para maior comodidade dos nosos clientes, todos eles contan con aparcadoiro e cun amplo horario comercial de 10 a 22 horas, de luns a sábado.

Actualmente está presente nas catro provincias galegas, con centros en Carballo, Ribeira, Oleiros e O Burgo (A Coruña); Viveiro e Monforte (Lugo); Ourense e O Barco de Valdeorras (Ourense); e Lalín e Tui (Pontevedra).

A nivel de melloras, en 2016 acometemos a ampliación do Gadis Híper de Carballo, incorporando a sección moda, e reconfigurando as seccións para axilizar os tempos e facer a compra máis cómoda. Ademais dotouse con sistemas enerxéticos eficientes.

O espazo de moda co que contan os centros de Oleiros, O Burgo, Lalín, Ourense, O Barco de Valdeorras, Carballo e Ribeira ofrece unha confección de calidade con deseño moderno a prezos moi competitivos.