• Cif: A - 15.106.915
  • Dirección: Polígono de Piadela s/n, 15300 Betanzos - A Coruña

Gadis Hiper

Un servizo completo

11 puntos de venta

11 puntos de venta

80.873 m2

80.873 m2

Establecementos de gran superficie que ofrecen o maior fornecido da compañía.

Situados en cidades e cabeceiras de comarca, permítennos ampliar a nosa oferta con seccións como moda, electrodomésticos, deporte, bazar, complementos, xardinería, enxoval e bricolaxe, superando as 30.000 referencias.

Aínda que deseñados como grandes establecementos, manteñen a filosofía de trato próximo, personalizado e profesional que caracteriza a todos os establecementos do grupo.

Para maior comodidade dos nosos clientes, todos eles contan con aparcadoiro e un amplo horario comercial de 10 a 22 horas, de luns a sábado.

Actualmente está presente nas catro provincias galegas, con centros en Carballo, Ribeira, Oleiros e O Burgo (A Coruña); Viveiro e Monforte (Lugo); Ourense e O Barco (Ourense); e Lalín e Tui (Pontevedra).

A nivel de melloras, en 2016 acometemos a ampliación do Gadis Hiper de Carballo, incorporando a sección moda, e reconfigurando as seccións para axilizar os tempos e facer a compra máis cómoda. Ademais dotouse con sistemas enerxéticos eficientes.

O espazo de moda co que contan os centros de Oleiros, O Burgo, Lalín, Ourense, O Barco, Carballo e Riveira ofrece unha confección de calidade con deseño moderno a prezos moi competitivos.