GADIS

En confianza

Liñas de negocio: Gadis

GADIS

211 Supermercado propios

217.496 m2

Variedade de productos > 10.000

Gadis é a nosa cadea de referencia, onde os clientes poden gozar dunha ampla variedade de produtos coa mellor relación calidade-prezo.

Ofrécelles aos seus clientes unha ampla posibilidade de elección a través de 10.000 produtos, entre os que destacan os locais e frescos. Todo iso acompañado por unha venda asistida, un persoal profesional, próximo e familiar, así como ofertas e promocións permanentes..

Contamos con establecementos en todas as provincias galegas e gran parte de Castela e León. Nesta comunidade aumentamos a nosa presenza ao longo de 2017 coa apertura de dúas novas tendas en Salamanca e Medina del Campo, e do primeiro Gadis de Ávila, co que xa son cinco as provincias en que os nosos clientes de Castela e León nos poden visitar.

A nosa expansión tamén continúa en Galicia, onde contamos con tres novos establecementos no Barco de Valdeorras (Ourense), As Pontes (A Coruña) e A Coruña (cidade). Ademais, remodelamos supermercados de Sada (A Coruña) e Ourense (cidade) como parte do noso plan de modernización de instalacións.

Tanto as tendas de nova apertura como as reformadas están deseñadas para proporcionarlles un servizo máis cómodo e dinámico aos nosos clientes, mellorando a súa experiencia de compra.

Incorporamos medidas de eficiencia enerxética que contribúen ao aforro de consumos, iluminación LED, modernos sistemas de frío, etc., en cumprimento da política ambiental establecida pola compañía que se veu implantando paulatinamente en todas as áreas de actividade.

Todas as nosas tendas Gadis contan con seccións diferenciadas de produtos frescos: carnizaría, froitaría, peixaría, chacinaría e panadaría. En cada unha delas un equipo de profesionais ofrécelles aos clientes un trato próximo e personalizado, ademais de asesoramento sobre as propiedades nutritivas de cada produto e consellos sobre a súa conservación e preparación.