• Cif: A - 15.106.915
  • Dirección: Polígono de Piadela s/n, 15300 Betanzos - A Coruña

Gadis

En confianza

211 Supermercado propios

211 Supermercado propios

217.496 m2

217.496 m2

Máis de 10.000 produtos

Máis de 10.000 produtos

Gadis é a nosa cadea de referencia, onde os clientes poden gozar dunha ampla variedade de produtos coa mellor relación calidade-prezo.

Ofrece aos seus clientes unha ampla posibilidade de elección a través de 10.000 produtos entre os que destacan os locais e frescos. Todo iso acompañado por unha venda asistida, un persoal profesional, próximo e familiar, e ofertas e promocións permanentes.

Contamos con establecementos en todas as provincias galegas e gran parte de Castela e León. Nesta comunidade aumentamos a nosa presenza ao longo do 2017 coa apertura de dúas novas tendas en Salamanca e Medina del Campo, e do primeiro Gadis de Ávila, co que xa son cinco as provincias nas que os nosos clientes de Castela e León poden visitarnos.

A nosa expansión tamén continúa en Galicia onde contamos con tres novos establecementos no Barco de Valdeorras (Ourense), As Pontes (A Coruña) e A Coruña (cidade). Ademais remodelamos supermercados de Sada (A Coruña) e Ourense (cidade) como parte do noso plan de modernización de instalacións. Tanto as tendas de nova apertura como as reformadas están deseñadas para proporcionar un servizo máis cómodo e dinámico aos nosos clientes, mellorando a súa experiencia de compra.

Incorporamos medidas de eficiencia enerxética que contribúen ao aforro de consumos, iluminación LED, modernos sistemas de frío, etc.; en cumprimento da política ambiental establecida pola compañía que se veu implantando paulatinamente en todas as áreas de actividade.

Todas as nosas tendas Gadis contan con seccións diferenciadas de produtos frescos: carnicería, frutería, peixaría, charcutería e panadería. En cada unha delas un equipo de profesionais ofrece aos clientes un trato próximo e personalizado, ademais de asesoramento sobre as propiedades nutritivas de cada produto e consellos sobre a súa conservación e preparación.