O complemento ás túas compras
Manduka é a representación do formato de hostalería tradicional e o fast food que se combina nesta marca única para completar a oferta comercial de Gadisa
Xorde ao servizo dos centros comerciais Gadis Hiper como complemento ideal ás xornadas de compras que alí se realizan, coa idea de que o cliente poida gozar dunha excelente calidade e prezo en comida e bebida de consumo rápido en visitas curtas.
Supón, sen dúbida, unha achega de calidade para completar e mellorar a oferta que atrae a todos os membros da familia a Gadis Hiper.