Produtos frescos

Plataforma de produtos frescos

Plataforma de produtos frescos

Plataforma de produtos frescos

A trazabilidade dos produtos de carnizaría, froitas e hortalizas está garantida desde a orixe ata o punto de venda. A distribución realizámola acotío en vehículos propios perfectamente acondicionados desde a plataforma loxística de produto fresco.

Estamos comprometidos coa produción sustentable e co desenvolvemento local da nosa contorna, polo que seleccionamos provedores locais de Galicia e de Castela e León, cos que traballamos da man para proporcionarlles aos nosos clientes a mellor calidade. Eles encárganse da produción e nós ocupámonos do resto do proceso: loxística e venda. Así asegurámonos de que diariamente cheguen produtos frescos aos nosos centros loxísticos de Piadela (Galicia) e Medina del Campo (Castela e León).

Nesta plataforma contamos cunha liña automatizada que ordena e clasifica a froita e a verdura para a súa distribución cara a todos os puntos de venda de GADISA. Este sistema reforza a prevención de riscos laborais, xa que os operadores reciben as caixas de produtos a unha altura estándar, evitando movementos e posicións de risco.