GADISA edita un libro infantil inédito de Helena Villar Janeiro sobre O camiño de Santiago para conmemorar o días das letras galegas .

GADISA EDITA UN LIBRO INFANTIL INÉDITO DE HELENA VILLAR JANEIRO SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO PARA CONMEMORAR O DÍAS DAS LETRAS GALEGAS .

O director de Comunicación de GADISA, José Luis Fernández Astray, o director de Marketing, Antonio Cortés Lobato e o delegado de Área de Santiago, Román Roo, presentaron as accións culturais xunto con Helena Villar Janeiro

GADISA, empresa con capital 100% galego, conmemora un ano máis o Día das Letras Galegas desenrolando diferentes iniciativas culturais para promocionar a lingua e a literatura galega. Os 167 Supermercados Gadis de Galicia regalarán ós seus clientes 25.000 exemplares dun libro inédito da escritora Helena Villar Janeiro sobre o Camiño de Santiago, coincidindo coa celebración do Xacobeo 2010, do que GADISA é empresa patrocinadora oficial.

"O Caderno de Edua" está dirixido a nenos de ata 14 anos e relata a historia dunha nena do Cebreiro que descobre os segredos e as tradicións do Camiño de Santiago a través das historias que lle conta o seu avó, co que finalmente fará o Camiño. A obra, ilustrada por Carmen Queralt, regalarase, ata fin de existencias, a tódolos clientes que o sábado 15de maio se acheguen a un dos Supermercados Gadis de Galicia a facer a compra.

Os Supermercados Gadis regalan un libro por oitavo ano consecutivo para potenciar a lectura infantil en galego. Nestes oito anos repartíronse 120.000 libros en lingua galega e no 2010 elixiuse a temática do Camiño de Santiago para contribuir a dar a coñecer as súas tradicións da man dunha experta na materia como Helena Villar Janeiro, actual presidenta da Fundación Rosalía de Castro e cunha extensa traxectoria literaria merecedora de premios como o Barco de Vapor, White Ravens e Arume.

As accións culturais promovidas por Supermercados Gadis tamén van encamiñadas a dar a coñecer entre os seus clientes a figura de Uxío Novoneyra, o autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas. Ante a magnífica acollida por parte dos clientes en anos anteriores, as bolsas da compra volverán convertirse en vehículo cultural ó levar impresas un breve poema de Uxío Novoneyra. "En chegado a Santiago? E logo despois qué fago?..... En chegado a Compostela?. E despois de vela a ela?", do poemario "Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas" (1999) é o poema elexido este ano para imprimir en preto de dous millóns de bolsas.

Ó escoller un poema da obra "Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas", Supermercados Gadis tamén cumpre o seu obxectivo de contribuir a potenciar o Camiño de Santiago coincidindo coa celebración do Xacobeo 2010.

A estas iniciativas desenroladas ó fío do Día das Letras Galegas súmanse numerosas accións que GADISA pon en marcha ó longo do ano para difundir a cultura galega e apoiar as institucións públicas e colectivos que traballan neste eido no marco do seu amplo programa de Responsabilidade Social Corporativa, no que se desenrolan máis de 700 accións anuais. GADISA, que co seu patrocinio do Xacobeo 2010 posibilita a celebración de grandes acontecementos culturais e musicais este ano en Galicia, colabora tódolos anos en centos de iniciativas.

Viernes 04 Junio 2010
Volver