Supermercados GADIS contribúe á difusión do legado de Álvarez Blázquez e a potenciar a xóvenes autores ó fío das letras galegas

SUPERMERCADOS GADIS CONTRIBÚE Á DIFUSIÓN DO LEGADO DE ÁLVAREZ BLÁZQUEZ E A POTENCIAR A XÓVENES AUTORES Ó FÍO DAS LETRAS GALEGAS

Supermercados Gadis regalará 20.000 libros en galego da xoven autora Iria López Teixeiro e reparte 4,5 millóns de bolsas cun poema de Álvarez Blázquez, do que o seu fillo rememorou a vida e obra no acto de presentación das iniciativas culturais de GADISA

GADISA, empresa con capital 100% galego, conmemora o Día das Letras Galegas con iniciativas encamiñadas a difundir o legado de Xosé Mª Álvarez Blázquez e a apoiar o talento de xóvenes escritores. O obxectivo da empresa de distribución é dar continuidade á literatura en lingua galega rescatando obras do pasado máis inmediato de gran valor cultural e dando a coñecer publicacións que servirán de referente no presente e futuro.

O escritor Xosé Mª Álvarez Cáccamo, fillo do autor homenaxeado este ano, participou na presentación das accións culturais de GADISA para facer un percorrido pola obra e a vida do seu pai.

Álvarez Cáccamo destacou o interese da iniciativa de Supermercados Gadis de repartir 4,5 millóns de bolsas co poema de seu pai titulado "A Cometa". Para a familia de Álvarez Blázquez este é un dos poemas máis representativos da obra do autor nado en Tui.

Ademais de contribuir á difusión da obra de Xosé Mª Álvarez Blázquez empregando as bolsas da compra coma vehículo cultural, Supermercados Gadis axudará á consagración dunha xoven talento da literatura galega actual.

Os 163 Supermercados Gadis de Galicia regalarán 20.000 exemplares do libro Santa Matriusca, escrito pola xoven autora Iria López Teixeiro, gañadora do 1º Premio Biblos-Pazos de Galicia para menores de 25 anos coa obra Meniña de Cristal.

Este é o sexto ano consecutivo que Supermercados Gadis regala libros para fomentar a lectura en lingua galega e nesta ocasión duplica a cantidade. Para conseguir un dos 20.000 exemplares de Santa Matriusca só e necesario achegarse a facer a compra a un dos Supermercados Gadis de Galicia dende o 16 de maio e ata fin de existencias.

Santa Matriusca, dirixido a maiores de 12 anos, é unha novela de 130 páxinas que recolle varias historias que se mesturan e se complementan coma un xogo de bonecas rusas para amosar que, pese as diferencias que hai entre as persoas, todas teñen as mesmas ilusións e os memos medos.

A estas iniciativas puntuais desenrroladas ó fío do Día das Letras Galegas súmanse numerosas accións que GADISA pon en marcha ó longo do ano para dinfundir a cultura galega e apoiar a institucións e colectivos que traballan neste eido.

GADISA colabora tódolos anos coas dúas grandes citas do audiovisual e do teatro galego, os Premios Mestre Mateo, organizados pola Academia Galega do Audiovisual, e os Premios María Casares de Teatro, promovida pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia.

Na última edición dos Premios Mestre Mateo a exitosa campaña "Vivamos como Galegos", coa que Supermercados Gadis resalta a indiosincrasia dos galegos, acadou o premio á mellor obra publicitaria. GADISA contribuiu tamén a que a Real Academia Galega recoñecese o termo greleiro/a con dúas acepcións novas tras empregalo nesta campaña e solicitar o seu recoñecemento oficial para poñer en valor unha actividade moi importante no sector agroalimentario galego.

GADISA respalda outras moitas iniciativas do audiovisual galego, coma as celebracións de Curtocircuito (Festival internacional de curtametraxes) , Nova Factory (festival de curtametraxes de Oleiros) e REVELA (Foro Internacional de Fotorreportaxe e sociedade) .

GADISA, principal empresa de distribución do Noroeste Peninsular, reafirma deste xeito o seu compromiso con esta comunidade, apoiando numerosos acontecementos de interese cultural, deportivo e social e desenrrolando diferentes accións en datas tan significativas como é o Día das Letras Galegas.

A empresa de distribución conta con máis de 700.000 clientes que visitan os seus 430 puntos de venda ubicados en Galicia e Castela e León, que se reparten entre as súas diferentes liñas de negocio:Supermercados Gadis, Centros Comerciais Haley, Supermercados Claudio e Cash IFA.

Miercoles 07 Mayo 2008
Volver