Un supermercado Claudio franquiado abriu as súas portas para proporcionar o mellor servizo aos nosos clientes de Vilamartín de Valdeorras (Ourense). O punto de venda está situado na Praza José Luis Núñez nº 1 e a súa inauguración supón a creación de dous postos de traballo directos.
Pechamos 2020 con 196 establecementos franquiados Claudio despois de levar a cabo 16 aperturas en Galicia e Castela e León; a última nun complexo con estación de servizo situado na estrada LU-541, km. 9,5 en Fontefría (Begonte, Lugo).
Gadis e o Monbus Obradoiro entregamos no Albergue Xoán XXIII de Santiago 850 quilogramos de produtos con motivo do partido solidario que disputaron o equipo santiagués e o Club Joventut Badalona o pasado 17 de decembro.
GADISA suma e segue. Inauguramos no Carballiño o establecemento Claudio franquiado número 15 do actual exercicio económico. Está situado na Avenida de Compostela nº 177, nas inmediacións dun dos accesos ao parque empresarial da localidade ourensá.