Peixe e marisco

Especialistas en produtos do mar

Especialistas en peixes e mariscos frescos

Peixes e mariscos frescos

GADISA conta cun equipo de profesionais que se encarga da selección, adquisición e xestión do mellor peixe e marisco nas principais lonxas de Galicia para ofrecérllelo aos nosos clientes coa maior calidade e frescura ao mellor prezo.

Para que os mellores produtos do mar cheguen en óptimas condicións a todos os nosos puntos de venda, dispomos de tres grandes plataformas nos portos da Coruña, Vigo e Burela, e de dous centros para a súa redistribución en Ourense e en Valladolid, mantendo en todo momento a cadea de frío.