• Cif: A - 15.106.915
  • Dirección: Polígono de Piadela s/n, 15300 Betanzos - A Coruña

Peixe e Marisco

Peixes e mariscos frescos
Especialistas en produtos do mar

GADISA conta cun equipo de profesionais que se encarga da selección, adquisición e xestión do mellor peixe e marisco nas principais lonxas de Galicia para ofrecerllo aos nosos clientes coa maior calidade e frescura ao mellor prezo.

Para que os mellores produtos do mar cheguen nas mellores condicións a todos os nosos puntos de venda, dispoñemos de tres grandes plataformas nos portos da Coruña, Vigo e Burela, e dous centros para a súa redistribución en Ourense e en Valladolid, mantendo en todo momento a cadea de frío.