• Cif: A - 15.106.915
  • Dirección: Polígono de Piadela s/n, 15300 Betanzos - A Coruña

RSC

Responsabilidade Corporativa

Impulsamos un desempeño responsable en toda a cadea de valor promovido desde o goberno e dirección da compañía.

Isto tradúcese nunha xestión económica consecuente, que prima o reinvestimento dos beneficios e o valor compartido, no respecto polo medio ambiente en todas as nosas operacións e no desenvolvemento de medidas para favorecer a estabilidade e o benestar do noso equipo humano.

En GADISA Retail dámoslle especial importancia ao percorrido cara aos nosos resultados, apostando por un crecemento sustentable baseado en compromisos éticos, como a defensa do medio ambiente ou o benestar social.

Deste xeito, conciliación, reciclaxe, impacto e desenvolvemento local son algúns dos piares da nosa xestión que se desenvolven nas seguintes páxinas.

Informe de progreso de Pacto Mundial 2018

Como extensión destes compromisos, levamos 15 anos formando parte da iniciativa internacional do Pacto Mundial das Nacións Unidas, da que somos socios e pola que nos comprometemos co desenvolvemento de medidas que impulsen os dereitos humanos, a defensa das normas laborais, o respecto polo medio ambiente e a loita contra a corrupción e o suborno

DESCARGAR

Comprometidos cos retos da sociedade

Compartimos o compromiso da nosa contorna coa Axenda 2030 das Nacións Unidas, plasmada nos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, e cos que aliñamos o noso desempeño na procura de impulsar o fin da pobreza, a protección do planeta e unha vida pacífica e próspera para todas as persoas.

Ver todos os ODS

Nosa cadea de valor

Desde GADISA dáse unha especial importancia a todos os grupos de interese e á cadea de valor. Comprometidos coa diversidade e a excelencia ofrecemos unha ampla gama de produtos, proporcionamos un emprego de calidade onde prima a diversidade e a integración, priorizamos a atención ao cliente e fomentamos unha contorna diversa.

Descargar PDF/PDF