• Cif: A - 15.106.915
  • Dirección: Polígono de Piadela s/n, 15300 Betanzos - A Coruña

RSC

Sustentabilidade Ambiental

A estratexia ambiental de GADISA Retail baséase en tres piares: eficiencia enerxética, redución de residuos e emisións e aprovisionamento local e sustentable.

O noso compromiso coa protección e conservación do medio reflíctese nas accións que vimos desenvolvendo desde hai anos para controlar e reducir o potencial impacto ambiental da nosa actividade. Promovemos o consumo responsable entre os nosos clientes e colaboradores, buscando sensibilizar e inspirar un comportamento responsable e sustentable.

Ademais, consideramos que non é suficiente coas medidas adoptadas no seo da nosa empresa, polo que promovemos diferentes campañas que axuden a concienciar o conxunto da sociedade na importancia de coidar e respectar o medio ambiente. Proba diso é a inclusión no noso tráiler de alimentación saudable e consumo responsable e nos nosos talleres en centros educativos de diferentes pautas e consellos para reducir os residuos derivados do noso consumo.

Aprovisionamiento local e sustentable

Nos nosos puntos de venda ofrecemos unha ampla variedade de produtos de tempada frescos, de calidade e de km0, co que nos comprometemos a apoiar os produtores locais e ao mesmo tempo a reducir a pegada ecolóxica dos produtos que poñemos á disposición dos nosos clientes.

GADISA Retail dispón dentro da súa ampla oferta de 92 variedades veganas e 527 produtos ecolóxicos, os cales respectan os estándares de sustentabilidade.

En canto aos nosos produtos do mar, os especialistas de GADISA Retail seleccionan os mellores produtos provenientes principalmente das máis importantes lonxas galegas, asegurándose da calidade e da orixe do produto.

Eficiencia enerxética

En GADISA Retail somos 100% sustentables, e esa sustentabilidade guiou sempre o noso desempeño, totalmente conscientes de que a forma dos nosos actos de hoxe son a semente do mañá. Economía circular, reciclaxe de madeira, plástico e cartón, xestión eficiente de residuos e de enerxías e redución de emisións son a nosa principal achega para a protección e conservación do medio ambiente.

Reducción de residuos e emisións

Un dos piares do Plan Medioambiental de GADISA Retail é a eficiencia loxística, co fin de reducir o consumo de combustibles e, con iso, a emisión de gases derivada principalmente das nosas operacións de distribución.

Por iso, o noso principal obxectivo é a optimización efectiva de rutas e cargas buscando o máximo rendemento a cada traxecto da nosa frota.

Por outra banda, tamén traballamos na prevención e eliminación do desperdicio alimentario mediante a planificación do stock dos puntos de venda, procurando dispoñer sempre do volume de produtos axeitado en cada establecemento.

Outorgámoslles especial importancia á nosa política de xestión de residuos, cada vez máis transversal implicando na medida do posible os nosos provedores e axentes.

Nos diferentes establecementos e centros de traballo, o cadro de persoal encárgase de facer unha correcta separación de materia orgánica (plástico, cartón e madeira).