• Cif: A - 15.106.915
  • Dirección: Polígono de Piadela s/n, 15300 Betanzos - A Coruña

RSC

Transparencia na xestión

O noso Código Ético, ademais do Modelo de Compliance, recolle as condutas e os procedementos internos destinados á loita contra a corrupción, o suborno e o branqueo de capitais.

Contamos cunha estrutura de xestión que responde ás distintas necesidades do modelo de negocio.

A adhesión a esta iniciativa é a confirmación do noso compromiso coa defensa dos dereitos humanos, o traballo digno, a protección do medio ambiente e a loita contra a corrupción.

Contamos cun equipo directivo adaptado á estrutura da nosa cadea de valor e as necesidades do modelo de negocio.

Estamos abertos á sociedade

Caracterizámonos polo trato próximo e familiar aos nosos clientes e, en liña con esta esencia, desenvolvemos programas de visitas aos nosos establecementos con fins educativos, dirixidas principalmente a nenos e nenas. Entre estes, destaca a nosa colaboración co programa Alimentes, que engloba actividades en centros educativos nas que os alumnos, de Educación Infantil e Primaria de Galicia e de Castela e León, reciben fichas de traballo coas que aprenden conceptos relacionados co coidado da saúde e claves para unha dieta equilibrada. En paralelo, foméntase o respecto e a conservación do medio, poñendo o foco no consumo responsable e na prevención do desperdicio alimentario.

Ademais do programa Alimentes, levamos a cabo a nosa iniciativa “Tráiler de consumo responsable e vida saudable”, unha exposición itinerante coa que percorremos diferentes localidades de Galicia e de Castela e León ofrecendo visitas guiadas ao noso tráiler, da man de monitores especializados que lles ofrecen aos visitantes indicacións para contribuír ao consumo responsable e á vida sa e activa, apoiándose para iso en contidos multimedia, imaxes e textos didácticos adaptados a todos os públicos. En 2019 levamos esta campaña a 37 localidades, nas que nos visitaron un total de 30.497 persoas.

Á marxe destas iniciativas, desde GADISA Retail sempre nos comprace recibir e mostrar as nosas instalacións a grupos de centros educativos e outras organizacións interesadas en coñecernos. En 2019, recibimos 421 visitantes procedentes principalmente de cursos de FP e universidades.

Trato cercano tamén nas redes

GADISA Retail é unha compañía aberta en continuo contacto coa sociedade. Para iso dispoñemos de varias canles de comunicación, entre as que podemos destacar as redes sociais. En 2019 experimentaron un crecemento continuo, dándonos a posibilidade de interactuar cos nosos clientes achegándolles información de primeira man nun ámbito de diálogo máis directo.

Cabe destacar que hai 20 anos inauguramos a nosa presenza en medios dixitais coa nosa páxina web www.gadisa.es, onde publicamos habitualmente información moi diversa sobre os nosos establecementos, información de interese para os nosos visitantes, colaboracións, etc. Ademais, desenvolvemos unha aplicación móbil na que os seus usuarios teñen acceso ás nosas ofertas, folletos informativos e a posibilidade de conexión wifi nos nosos puntos de venda. Todo iso sen esquecer o noso tradicional Servizo de Atención ao Cliente, á disposición de todas as persoas interesadas.